sábado, 1 de enero de 2011

Vanitas Vanitatis

Cando era pequena, só a idea do ano 2000 daba pavor de seu. Xa me vía, coma nos Jetsons, indo a traballar nunha nave espacial utilitaria e vestida coma a dos anuncios da neutrex ou Barbarella. As casas domotizadas farían quedar en ridículo á cociña psicodélica de Las que tienen que servir; a xente viviría máis e mellor e, en xeral as cousas cambiarían radicalmente. Pois non, resulta que teño un Micra (que hai que admitir que se lle parece bastante á nave dos Jetsons), levo jeans e converse, ó máis puro estilo fifties e a miña cociña resístese a facerme o almorzo. Pode ser que a xente viva máis tempo, pero a merda e a traxedia plágannos igual que no século pasado, eso si, podemos contemplar todo a circo de miserias que nos envolve en directo e en HD.
Xa dende fai algúns anos o primeiro día de Xaneiro tráeme unha inquedanza interna que se agranda. Un mal sabor de boca, como un regusto metálico e acre, igual que o queda despois de meter na boca unha culler de alpaca. Non creo que sexa polo paso do tempo en si, ou a perspectiva de envellecer. Non. É pola certeza de que as cousas nunca van ser mellores, de que a xente segundo vai pasando o tempo é máis ruín e cretina e de que, como dicía moi acertadamente Mark Renton, en pouco tempo, non haberá homes nin mulleres, sólo gilipollas.
A pesar diso, estou contenta, teño todo o que quero, dentro dunha orde razonable, e a xente que me rodea non ten máis problemas que as pequenas traxedias intrínsecas a unha vida normal. Así que, outro un de xaneiro máis, é tempo de engulir o regusto metálico, mirar para o que nos espera e confiar en que todos os que me rodean e ós que quero sigan sendo homes e mulleres, e non o outro.
Feliz ciclo de movemento de translación novo a todos e todas, facedeme un favor grande: Comede, bailade, chorade, ride, facede troula, cantade na ducha, disfrazádevos, falade mal do goberno, quedade para tomar un café e, por favor, non me faltedes nunca!

4 comentarios:

  1. Pois si, outra volta máis arredor do sol e que todos a vexamos... Supoñer non supón máis ca eso pero que tal como está todo montado, pois si que significa.
    Unha lástima onte, por certo...

    ResponderEliminar
  2. el estado del Kirsch nos impulsó a huir a casa antes de que nos salieran acnés varios. :-(

    ResponderEliminar
  3. Pues cuando fui yo estaban los habituales!

    ResponderEliminar
  4. ese sabor acre é a resaca, amore.
    Feliz ano

    ResponderEliminar