miércoles, 16 de febrero de 2011

GRAN MARRANA ou "non discutades con necios, meus fillos"

Ata a cona estou. Mira ti que levo anos e anos turrando na mesma pedra e nada, sempre aparece outro analfabeto a refregarme pola cara a mesma merda. E oes, polo menos teño que admitir que é xente que non ten nin media idea de nada, así dito en xeral porque se estes mesmos argumentos que tiven que escoitar - sen ir máis aló- hoxe á mañá, mos dixera alguén a quen tivera en consideración, digamos intelectual, dábame un repente dos malos, seguro.
Ter que escoitar, antes de tomar o café que iso que dixo a mala puta esta no gran fulano que "eso es lo que piensa todo el mundo en el fondo del gallego, tia" remexeume as tripas, e a fondo.
Agora xa non entro ó trapo, se fóra fai anos, aínda levaban que oir. Agora non, sei que non merece a pena afogarse en discusións absurdas con morralla máis absurda todavía. eu teño a miña consideración, e sei que non ando equivocada porque me avalan máis de mil anos de tradición literaria; alguén debería explicarllo ós castellanitos (xa o saberían se atenderan na clase, ou se tan sequera tiveran ido, pero non é o caso e así nos vai). Cando os monos estes aínda andaban por ahí metendo o dedo no fuciño coma expresión máxima de cultura, aquí, na puta aldea, xa estaban os Airas Nunes, Os Gomes Chariño, cos amores, os amigos, os escarnios, as ondas do mar de Vigo e a señora abadesa cos quatro caralhos franceses...
Curiosamente a esta xente que defende que falar galego non vale para nada porque ninguén máis o fala, é servidora a que lles ten que traducir os mails e facerlles de casco azul da ONU, ben sexa en inglés, francés, italiano, alemán... seguro que tampouco as falan porque tamén lles deben parecer linguas inútiles... Se os colle Chomski, esfólaos, e con razón...

5 comentarios:

  1. Non merece a pena enfadarse. Iñorantes sempre os houbo e os haberá, é máis, como din por eiquí "a inoransia é atrevida" e que lles den ben pola rexión glútea.
    Eu xa nin sinto nin padezo porque a eses os vexo dende tan arriba que os perdo de vista.

    ResponderEliminar
  2. non hai que lles facer, pero eu non me ofendo, porque penso que a xente que de esa calaña non me pode ofender....

    ResponderEliminar
  3. Onte á noite estiven con dous amigos falando dun caso como o que comentas ti ó final, o das linguas inútiles. Teño unha amiga eiquí que é de Madrid e que en dous anos non foi capaz de facer un amigo que non fose español. Lareta como é, porque non cala nunca, no traballo non fala con ninguén e hasta chegou a ligar cun pavo de Londres que lle molaba mil pero co que nunca chegou a quedar "porque es que tengo que hablar inglés con él y me canso". E cando sae, non fai falta decir que non fala con ninguén que non sexa español.
    Esta tía, de esquerdas, e por outra parte moi aberta e razonable, sen embargo tenme dito que en España a única lingua que debería haber é o español. Por qué? Pois non por facha nin por pechada. É simplemente porque os idiomas dánselle como o cu, por comodidade e porque de igual xeito, se dela dependera tamén se falaría español no Reino Unido. E a min eso é o que me dá medo dalgunha xente. Prefiro cen veces a un facha que chegou a selo por propio convencemento, despois de pensalo ben e que ten as súas razóns, que a xente moi de esquerdas que traga Gran Marrano porque lle dá menos traballo que ler un libro, ou que "están en contra del gallego" porque só de pensar en ir a Vigo e non entender os carteis da calle xa lle da dentera, como é o caso e como seguramente é o da gran marrana tamén. Ti cres que a pava ten o intelecto suficiente para decidir por si mesma que é facha? No. O que non ten é sesera pa aprender dúas linguas. Dálle traballo e por eso vai ó cómodo.
    E o chungo é que de xente desa estamos rodeados, e os "de arriba" aproveitan a situación.
    En fin, vaia tostón.

    ResponderEliminar