jueves, 17 de febrero de 2011

Algún día...

Algún día, racharame a ve-sí.co.la coa bile nejra e direi cousas que nunca imaxinariades, diria cousas ardendo alén de Orión...
Algún día será venres e eu non terei que ir traballar, a vida será bela, Libunca patroneará a lancha de Cangas rumbo á illa de maricon e tontico, Marisoul roubará o sofá-ovo de Maik pichacortakennedy e a Mangula diralle quen rules eiquí ó gato de Cheshire...
algún día será venres e non haberá rejetón, só música (E ATA POWERPOP, señor Beatman!!! ;-)...)
Algún día será... mentres tanto, feliz venres, meus amores bonitos!!1

miércoles, 16 de febrero de 2011

GRAN MARRANA ou "non discutades con necios, meus fillos"

Ata a cona estou. Mira ti que levo anos e anos turrando na mesma pedra e nada, sempre aparece outro analfabeto a refregarme pola cara a mesma merda. E oes, polo menos teño que admitir que é xente que non ten nin media idea de nada, así dito en xeral porque se estes mesmos argumentos que tiven que escoitar - sen ir máis aló- hoxe á mañá, mos dixera alguén a quen tivera en consideración, digamos intelectual, dábame un repente dos malos, seguro.
Ter que escoitar, antes de tomar o café que iso que dixo a mala puta esta no gran fulano que "eso es lo que piensa todo el mundo en el fondo del gallego, tia" remexeume as tripas, e a fondo.
Agora xa non entro ó trapo, se fóra fai anos, aínda levaban que oir. Agora non, sei que non merece a pena afogarse en discusións absurdas con morralla máis absurda todavía. eu teño a miña consideración, e sei que non ando equivocada porque me avalan máis de mil anos de tradición literaria; alguén debería explicarllo ós castellanitos (xa o saberían se atenderan na clase, ou se tan sequera tiveran ido, pero non é o caso e así nos vai). Cando os monos estes aínda andaban por ahí metendo o dedo no fuciño coma expresión máxima de cultura, aquí, na puta aldea, xa estaban os Airas Nunes, Os Gomes Chariño, cos amores, os amigos, os escarnios, as ondas do mar de Vigo e a señora abadesa cos quatro caralhos franceses...
Curiosamente a esta xente que defende que falar galego non vale para nada porque ninguén máis o fala, é servidora a que lles ten que traducir os mails e facerlles de casco azul da ONU, ben sexa en inglés, francés, italiano, alemán... seguro que tampouco as falan porque tamén lles deben parecer linguas inútiles... Se os colle Chomski, esfólaos, e con razón...